top of page
foto cartel.jpg

Benvido/a a web oficial do proxecto documental sobre o Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856.

O Banquete de Conxo foi un encontro de confraternización entre estudantes, obreiros e artesáns que, baixo o lema “Orde e irmandade”celebrouse coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral.

 

Foi Aurelio Aguirre o impulsor desta iniciativa que se celebrou á beira do río Sar, nunha carballeira situada detrás do Mosteiro de Conxo. Considerado un dos feitos fundacionais do galeguismo, este acto xerou moita atención entre as clases altas de Compostela. De cada comercio acudiron dous traballadores e un empresario, todos convidados por estudantes da Universidade de Santiago. Estes últimos ían vestidos con frac e eran os encargados de servir a comida aos traballadores, xesto que as autoridades interpretaron como unha provocación -os estudantes eran considerados de clase alta- que levou a que o carballo fose tomado polo exército e o xantar celebrado con comensais rodeados de soldados por medo a unha insurrección.

​

Este proxecto está apoiado pola Deputación da Coruña.

E conta coa colaboración das seguintes institucións:

bottom of page